Contounos que maltrato ou acoso, son aquelas cousas que se fan ou se din para facer dano a alguén, de forma repetida ao longo do tempo. Pode ser físico (empurróns, patadas, puñetazos...), verbal (insultos, alcumes,…), psicolóxico (menosprezo, crear inseguridade ou medo), ou social (illar a un compañeiro do grupo, falar mal del cos outros, deixalo só ….)
Todas estas situacións teñen un culpable, “o agresor”, que pode actuar só ou en grupo. Moitas veces non é el o que agrede, senón que convence aos que considera máis débiles, para que fagan o que el non é quen de facer.Tratamos de poñernos no lugar das vítimas, comprender o mal que se deben sentir e o importante que é prestarlles a nosa axuda.Debemos sempre informar a un adulto cando observemos algunha situación deste tipo, para tratar de poñerlle remedio canto antes.Quedounos claro que o acoso ou maltrato escolar ten consecuencias moi negativas para todos (agresores, vítimas, familias…)
No hay comentarios:
Publicar un comentario