9/3/13

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Nesta entrada atoparedes varios recursos para traballar o Día da Muller Traballadora:
  • Video no que se fai un percorrido polos acontecementos historicos que levaron á súa celebración:



  • Con este outro video facemos un percorrido polo papel da muller ao longo da historia.



  • Video "Mulleres galegas" que nos chega dende o IES Fray Martín Sarmiento de Pontevedra:

  • No Ceip Agro do Muiño celebraron este día cun grupo de mulleres da comarca de Mos-Porriño chamado "Malvela" que ofrecen cánticos galegos

  • Conto "Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?" que nos achegan dende o Ceip de Leirado, Salvaterra do Miño:



17/2/13

CONVIVENCIA ESCOLAR

Blog de recursos, orientado á promoción de valores e recursos educativos que favorecen a mellora da convivencia na aula, no centro e na sociedade.


21/6/11

INVESTIGA EN FAMILIA. INTERCULTURALIDADE

Durante o mes de maio traballamos a interculturalidade, coñecendo costumes doutros paises e aprendendo a valorar a nosa propia cultura. Aquí tendes un abano de traballos feitos polo noso alumnado en colaboración coas súas familia.
Xa para rematar queremos agradecer unha vez máis a vosa imprescindible participación neste proxecto. Valoramos moi positivamente o voso gran esforzo e esperamos contar coa vosa colaboración para vindeiros proxectos.

20/6/11

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Este ano organizamos unha serie de LECTURAS SOLIDARIAS onde os nen@s compartiron os seus libros preferidos con outros compañeir@s máis cativos que eles. O resultado foi estupendo non só porque fomenta a lectura senón polo compañeirismo que esperta neles. O traballo de escoller o libro e preparar a lectura foi moi motivador e tod@s, tanto os maiores como os máis pequenos compartían a mesma ilusión.
Como reflexo do significativa e especial que resultou esta actividade temos as imaxes que se publicaron nos distintos blogs e o interés co que os profesores manifestaron a súa intención de repetir a experiencia o próximo curso.



COÑECENDO SANTIAGO DE COMPOSTELA

O martes 21 de xuño, todo o alumnado do 2º ciclo subimos ao autobús con rumbo á capital de Galiza. Na primeira parada aprendemos moitas cousas no Museo das Ciencias Naturais no soto da facultade de Física.


Despois demos un paseo dende a Alameda, pasando pola rúa do Franco e visitando todas as prazas que rodean a catedral: Platerias, A Quintana e o Obradoiro.


Tras un percorrido polo interior da Catedral de Santiago achegámonos ata o Museo do Pobo Galego.




Antes de voltar ao autobús merendamos no Parque de Bonaval, onde xogamos e nos divertimos un pouco.

EXCURSIÓN A MADRID

O alumnado de 3º ciclo visitou a capital de España para coñecer un pouco da súa historia e os lugares máis representativos da cidade.
Foron cinco días moi intensos e de moita diversión.
Visitaron e aprenderon moito no Museo do Prado, no Congreso dos Diputados, no Pazo Real, na Porta do Sol e coñeceron moitos animais en Faunia.



Tamén se refrescaron e subiron en moitas atraccións na Warner.