18/4/11

MULLERES NA HISTORIA

Este é o resultado da investigación que fixo o noso alumnado sobre "AS MULLERES NA HISTORIA" para celebrar o día da Muller Traballadora. Todos estes traballos están expostos no taboleiro da entrada do cole.

10/4/11

DESENVOLVENDO CONDUTAS RESPONSABLES

Todos os nenos e nenas deben aprender actitudes responsables de acordo coa súa idade.


MEDRANDO COMO PAIS E NAIS

Guía práctica que ofrece pautas sinxelas e exercicios de reflexión para axudar aos pais e nais e lograr o pleno desenvolvemento dos nenos, nenas e adolescentes facilitando a convivencia familiar.


9/4/11

DISCIPLINA E AMOR

Neste documento se recollen unha serie de pautas de actuación para pais, nais e profesorado.
Foi elaborado pola Asociación Andaluza para a Defensa da Infancia e a Prevención do Maltrato Infantil.
Ofrece unha serie de modelos alternativos ao uso da violencia, ao mesmo tempo que favorece unha educación democrática que proporcione aos nenos e nenas uns valores e pautas adecuadas de conduta.

A FAMILIA ANTE OS MOMENTOS DIFÍCILES

Unha sinxela guía para axudar a superar os momentos máis difíciles que xurden no entorno familiar.

SOBRE A RESPONSABILIDADE PARENTAL

Recursos para as familias da "Consejería para la igualdad y bienestar social" de la Junta de Andalucía.
Neste documento se recolle unha selección de enlaces e páxinas web que ofrecen información e recursos sobre algunhas das cuestións máis importantes relacionadas coa vida familiar e a educación dos nosos fillos e fillas.

SOFÍA A VACA QUE AMABA A MÚSICA

4/4/11

INVESTIGA EN FAMILIA. HABILIDADES SOCIAIS

Estes son os traballos elaborados polo noso alumnado referentes ao tema das HABILIDADES SOCIAIS que traballaron no mes de febreiro e estiveron expostos na no taboleiro da entrada do colexio. Quedaron estupendos!

Unha vez máis queremos agradecer ás familias a súa colaboración e participación activa neste proxecto que estamos a desenvolver.