27/3/11
25/3/11
17/3/11
PARA TI, MUJER TRABAJADORA
Para ti, mujer abnegada, mujer trabajadora.
Para ti, mujer, va hoy esta flor y mi canción.
Para ti, dulce, tenaz y sacrificada luchadora.
Para ti, todo mi respeto y toda mi admiración.
Los diarios nos mencionan a mujeres famosas.
Nombres grabados a fuego y oro en la historia.
Cantan loas a sus logros, a sus grandes cosas.
Nos hablan de sus virtudes y de sus memorias.
Pero yo quiero cantarte a ti, silenciosa luchadora.
Que te levantas la primera, al atisbar los rayos del sol.
Mujer de mil nombres, de mil caras, de mil horas.
Compañera en la lucha y con tiempo aun para el amor.
A ti, que día tras día vas al hospiTal, a la oficina.
Al campo, a la fábrica, a la calle, al mundo, a remar.
A ti, que aunque llegas a casa extenuada, rendida.
Todavía guardas una sonrisa y reservas para amar.
Me viene este canto de lo más profunco de la vida.
Acumulado estaba el homenaje a tan maravilloso ser.
Muchos versos había escrito, pero a ti te lo debía,
Madre, hermana, esposa, hija, compañera... mujer.Letra y música: Julio César Pavonetti Gutiérrez
HOMENAXE À MULLER TRABALLADORA
Esta fermosa canción de Luar Na Lubre titulada "Centeás" e un homenaxe a muller traballadora.
16/3/11
MULLERES NA HISTORIA.HISTORIA DE MULLERES
Traballo de investigación feito por nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria do Ceip de Palmeira na Coruña. Preme nesta imaxe é coñecerás a moitas mulleres que fixeron historia.
15/3/11
CONCURSO " A IGUALDADE NO TRABALLO"
Como todos os anos o alumnado de 3º ciclo participou no V CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN " A IGUALDADE NO TRABALLO" convocado dentro das actividades programadas polo CIM (Centro de Información da Muller) do Concello de Bueu,
Presentáronse máis de 70 traballos e como resultado recibui unha mención especial o alumno de 6º B Martín Pérez Bacelar.
O venres 11 de marzo no salón de plenos do Concello de Bueu tivo lugar a entrega de premios nun acto ao que asistiu unha representación dos centros educativos do concello.
Cada ano un destes colexios é o encargado de elaborar un manifesto para exponer no evento commemorativo.
O vindeiro ano seremos NOS os encargados de levalo a cabo.
MULLERES POLICIAS
O día 11 de marzo co gallo da commemoración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER visitounos unha representante do CIM xunto con dúas policias, unha nacional e outra local.
Comenzaron a charla expoñendo a súa traxectoria persoal, as dificultades pue atoparon polo feito de ser mulleres e como chegaron a formar parte do Corpo de Policía.
A continuación fixeron unha exposición polo miudo das súas ferramentas de traballo (esposas, porra, luvas anticortes...) e do seu uniforme.
Despois explicaron os casos máis típicos que se atopaban no seu traballo, diferenciando entre violencia de xénero e violencia doméstica.
Logo dunha longa batería de preguntas por parte dos os nenos e nenas do terceiro ciclo, a representante do CIM concluiu dicindo que o máis importante é que as mulleres teñan a súa independencia e para iso a formación é indispensable.
11/3/11
10/3/11
EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS
Dos 69 millóns de menores sen escolarizar en todo o mundo, máis da metade son nenas
A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) levarase a cabo este ano entre o 11 e o 17 de abril. Baixo o lema “A Educación non é un conto: polos dereitos das mulleres e das nenas”.
A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) levarase a cabo este ano entre o 11 e o 17 de abril. Baixo o lema “A Educación non é un conto: polos dereitos das mulleres e das nenas”.
Preme na imaxe para completar esta información,
9/3/11
PRESENTACIÓN DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Presentación do IES O Mosteirón de Sada, feita a partires dos debuxos de "O Carrabuxo"
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Este video e esta presentación chégannos dende o IES Fernando Esquío.
8 Marzo Día da Muller
View more presentations or Upload your own.
8/3/11
WEBQUEST: MULLERES NA HISTORIA DE GALICIA
Preme na imaxe para acceder é Webquest para o 3º ciclo de Primaria elaborada no Ceip Milladoiro de Malpica sobre as Mulleres na Historia de Galicia.
2/3/11
OBRADOIRO HABILIDADES SOCIAIS
O alumnado de 6º ven traballando un día á semana nun obradoiro de habilidades sociais con Bibiana, docente de Chisem (Asociación para a prevención e intervención psicológica).
O que pretendemos é mellorar a conduta do noso alumnado, que aprenda a ter un comportamento asertivo, capaz de resolver situacións conflitivas de xeito satisfactorio e fomentar o respecto por un mesmo e polo outro.
Nunha primeira sesión de introdución tratamos de crear un clima de confianza axeitado e establecer unhas normas para o bo funcionamento do grupo.
Na segunda sesión os nenos e nenas aprenderon as tres formas de comportamento: agresivo-monstro, pasivo-rato e asertivo-eu mesmo.
A partir da terceira sesión comenzamos a traballar distintas habilidades:
• Saber “decir non”: amosar o que un pensa ou desexa sen ferir ao outro.
• Poñerse no lugar do outro, para comprende mellor os distintos puntos de vista dunha mesma situación e respectalos, aínda que non estemos de acordo.
• Aprender a afrontar e resolver conflitos da forma máis xusta, onde saian beneficiadas todas as partes.
• A mellor maneira de dar e recibir queixas, sen ofender nin menospreciar á outra persoa.
• Dar e recibir eloxios, aprendemos a decir as cousas positivas que nos gustan dos demáis, as que nos fan subir a autoestima. Tamén a recibir os halagos de forma axeitada.
Para rematar, repasamos as habilidades sociais traballadas, cubrimos un cuestionario de avaliación e todos e todas os que superaron a proba recibiron un diploma.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)