26/11/10

GUÍA DE LECTURAS

Dende o equipo de biblioteca colaboramos con este proxecto aportando esta GUÍA DE LECTURAS con libros que fan referencia ao tema da igualdade de xénero. Preme na imaxe para ver a Guía completa

VIII CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo da conmemoración do día 25 de Novembro de 2010, Dia Internacional da Non Violencia contra a Muller, o Centro de Información de Mulleres do concello de Bueu convocou entre os centros de Primaria, ESO e Bacharelato o VIII Concurso de Carteis sobre "A violencia de Xénero"
O obxectivo principal deste concurso é acadar unha maior sensibilización social nos escolares na prevención e erradicación dos comportamentos violentos contra as mulleres.
Todos os anos o noso alumnado do 3º ciclo participa cos seus debuxos e lemas.
Este é o cartel "Mátame a bicos" que gañou o premio de Primaria. A súa autora é unha nena de 5ºA, Laura Pérez Nores.

Aquí vai unha selección dos mellores carteis presentados dende o noso cole.

ACTIVIDADES PARA A CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA

Todo o profesorado do centro nos sentimos moi implicados na formación do noso alumnado e queremos que aprendan a relacionarse desde o respecto, que se comprometan co coidado das súas vidas e das persoas coas que conviven; que se preparen para afrontar o seu futuro, libres de estereotipos sexistas.
Por esta razón preparamos unha serie de actividades para realizar por ciclos nas aulas ou na biblioteca durante as últimas semanas de novembro. Preme enriba de cada ciclo para acceder a elas.



Estes son os dous videos que aparecen nas actividades e que tratan o tema da igualdade entre homes e mulleres.



Con esta presentación aprenderemos e reflexionaremos sobre a celebración do Día da Non Violencia contra as Mulleres.



21/11/10

RECURSOS DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Recompilación de recursos para traballar os dereitos dos nenos e nenas que nos chega desde o Ceip Victor Sáenz da Coruña.

a.

20/11/10

DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Andaluna e Samir cántannos esta canción sobre a igualdade dos nenos e nenas

NOVEMBRO MES DA CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA

A violencia en cualquera das súas manifestacións, entre iguais e sobre todo a de xénero, é a violación máis flagrante dos dereitos humanos por iso debemos prevenila, evitala e erradicala
Na educación non só ten importancia a adquisición de coñecementos senón que abrangue unha faceta social indudable. Educar é ensinar respeto, tolerancia, xusticia, tolerancia...

Con este díptico elaborado polo equipo de Orientación do noso cole pretendemos achegar as familias do noso alumnado unha información que consideramos imprescindible na súa formación. Preme na imaxe.

MEDRANDO EN VALORES

Arranca aquí o noso novo proxecto para este curso 2010/2011 baixo o lema MEDRANDO EN VALORES.
Neste cartel podedes ver os temas que imos traballar cada mes,



Convidamos a toda a comunidade educativa a participar nesta nova aventura cunha carta de presentación que facemos chegar aos pais e nais do noso alumnado.