2/3/11

OBRADOIRO HABILIDADES SOCIAIS

O alumnado de 6º ven traballando un día á semana nun obradoiro de habilidades sociais con Bibiana, docente de Chisem (Asociación para a prevención e intervención psicológica).




O que pretendemos é mellorar a conduta do noso alumnado, que aprenda a ter un comportamento asertivo, capaz de resolver situacións conflitivas de xeito satisfactorio e fomentar o respecto por un mesmo e polo outro.


Nunha primeira sesión de introdución tratamos de crear un clima de confianza axeitado e establecer unhas normas para o bo funcionamento do grupo.
Na segunda sesión os nenos e nenas aprenderon as tres formas de comportamento: agresivo-monstro, pasivo-rato e asertivo-eu mesmo.
A partir da terceira sesión comenzamos a traballar distintas habilidades:
Saber “decir non”: amosar o que un pensa ou desexa sen ferir ao outro.
Poñerse no lugar do outro, para comprende mellor os distintos puntos de vista dunha mesma situación e respectalos, aínda que non estemos de acordo.
Aprender a afrontar e resolver conflitos da forma máis xusta, onde saian beneficiadas todas as partes.
• A mellor maneira de dar e recibir queixas, sen ofender nin menospreciar á outra persoa.
Dar e recibir eloxios, aprendemos a decir as cousas positivas que nos gustan dos demáis, as que nos fan subir a autoestima. Tamén a recibir os halagos de forma axeitada.
Para rematar, repasamos as habilidades sociais traballadas, cubrimos un cuestionario de avaliación e todos e todas os que superaron a proba recibiron un diploma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario