25/2/11

INVESTIGA EN FAMILIA. MES DA PAZ

Se tendes curiosidade por saber como as nosas familias resolven os conflictos que xurden na convivencia diaria cos seus fillos, ollade con atención estes traballos.
Dende aquí a nosa NORABOA por estes plantexamentos.

23/2/11

RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS NA ESCOLA

Ao colexio vimos a aprender, pero tamén a facer amigos e a pasalo ben. O normal é que a convivencia sexa pacífica, pero ás veces dáse algún problema e hai nenos ou nenas que sofren acoso escolar.Precisamente deste tema nos veu falar Pilar Lagos, Garda Civil do EMUME (Equipo Muller-Menor) da Comandancia de Pontevedra, os días 11 e 18 de febreiro, para o 3º ciclo, dentro do II Plan director para a convivencia e mellora da seguridade escolar.
Contounos que maltrato ou acoso, son
aquelas cousas que se fan ou se din para facer dano a alguén, de forma repetida ao longo do tempo. Pode ser físico (empurróns, patadas, puñetazos...), verbal (insultos, alcumes,…), psicolóxico (menosprezo, crear inseguridade ou medo), ou social (illar a un compañeiro do grupo, falar mal del cos outros, deixalo só ….)

Todas estas situacións teñen un culpable, “o agresor”, que pode actuar só ou en grupo. Moitas veces non é el o que agrede, senón que convence aos que considera máis débiles, para que fagan o que el non é quen de facer.Tratamos de poñernos no lugar das vítimas, comprender o mal que se deben sentir e o importante que é prestarlles a nosa axuda.Debemos sempre informar a un adulto cando observemos algunha situación deste tipo, para tratar de poñerlle remedio canto antes.Quedounos claro que o acoso ou maltrato escolar ten consecuencias moi negativas para todos (agresores, vítimas, familias…)

20/2/11

NIN RATOS NIN MONSTROS

Cando aprendemos habilidades sociais, unha das cousas máis importantes é coñecer a diferencia entre varios tipos de comportamentos:
comportamento pasivo (de RATO)
comportamento agresivo (de MONSTRO)
• e un tipo especial de comportamiento que chamamos conduta asertiva (SER EU MESMO)

O comportamento pasivo é o dos nenos que non expresan como son eles mesmos, deixan que os demais nenos lles manden, lles digan o que teñen que facer e non defenden os seus dereitos. As súas necesidades, opinións ou sentimentos son ignorados e pode que os outros nenos se aproveiten del. Compórtanse como ratos.

O comportamento agresivo é o dos nenos mandóns, que meten medo aos demais, critican aos outros e os humíllan. Só se preocupan por conseguir o que eles queren cando queren. Rara vez se preocupan polos sentimentos dos demais e con frecuencia métense en liortas ou pelexas. Tenden a aproveitarse inxustamente dos demais e, pola súa forma de ser, teñen poucos amigos de verdade. Estes nenos compórtante como monstros.
Tanto o comportamento social pasivo como o agresivo non son a mellor forma de relacionarse cos demais. Estes dous comportamientos conducen, ben a resultar ferido (ratos), ben a ferir aos demais (monstros).
A conduta asertiva é comportarse tal como un é realmente, nin como un rato nin como un monstro.
Ser asertivo significa:
- Deixar que os demais saiban o que sintes e o que pensas de una forma que non lles ofendas, pero que ao mesmo tempo che permita expresarte.
- Tamén significa defender os teus propios dereitos e respectar ao mesmo tempo os dereitos dos demais. Unha persoa que é ela mesma sabe:
- Recoñecer e respectar os sentimentos, opinións e desexos dos demais de forma que non te impoñas e sen permitir que os demais se aproveiten de ti.
- Unha persoa asertiva sabe falar a modo, mirando aos ollos dos demais, sabe escoitar e procura comprender o que lle din e non só iso, senón tamén -e o máis importante-, procura comprender como se senten as outras persoas e saber se están contentas e tranquilas ou preocupadas e tristes, para así poder axudalas se a outra persoa llo pide.
O IDEAL SERÍA QUE TODOS NÓS ACTUÁSEMOS DE FORMA ASERTIVA, EN LUGAR DE ACTUAR COMO RATOS OU MONSTROS, XA QUE ENTÓN SOLUCIONARÍAMOS OS CONFLITOS QUE XURDAN SEN PELEXAR, TERÍAMOS MOITOS AMIGOS E SENTIRÍAMOS MÁIS CONTENTOS CON NÓS MESMOS.

17/2/11

O CLUBE ARCO DA VELLA


O traballo en valores fai medrar a conciencia do noso alumnado, neste caso, no coidado e respecto do medio ambiente. Como se pode apreciar nesta excelente iniciativa aplaudida e posta en marcha polas profes de educación física do noso centro. Preme na imaxe para saber máis.

11/2/11

AS HABILIDADES SOCIAIS

Durante o mes de Febreiro imos traballar e fomentar as HABILIDADES SOCIAIS. Pero, que son as Habilidades Sociais?
Pois, son os modos e xeitos de comportamos cando nos relacionamos cos demais. Ter habilidades sociais significa relacionarnos coas persoas do noso contorno (amigos, pais, profesores, etc.) de forma que obteñamos os máximos beneficios e as mínimas consecuencias negativas.

Relacionarnos con outras persoas é necesario, pois non podemos vivir dentro dunha burbulla. Pero ademáis, moitas veces é un pracer: gozamos falando e compartindo momentos cos nosos amigos, irmáns, curmáns…, é decir, ao relacionarnos con outras persoas, pasámolo ben.
Algunhas destas habilidades son:
. Saber iniciar e manter unha conversa.. Escoitar aos outros e poñernos no seu lugar.. Saudar, facer cumpridos, dar as grazas, desculparnos, pedir favores,…. Saber dicir que non.
. Aprender a negociar, a chegar a acordos… e moitas outras máis.

Se temos boas habilidades sociais….
Estaremos máis contentos e seguros de nós mesmos.
Poderemos controlar mellor a nosa conduta.
Participaremos nas decisións que se tomen no grupo de amigos, na familia, no colexio, etc, polo que sentiremos que
se nos ten en conta.
Para as persoas que non teñen habilidades sociais, relacionarse coas outras persoas pode resultar difícil, chegando a sentirse mal e incluso rexeitado polos demais.
Pero as Habilidades Sociais son condutas aprendidas, e polo tanto pódense mellorar!! É moi sinxelo, só hai que saber os pasos a seguir e poñelos en práctica. E canto máis se practique, máis doado será.
Cando nos relacionamos coas outras persoas é importante que coñezamos cales son os nosos DEREITOS. Pero non debemos esquecernos de que os mesmos dereitos que nós temos tamén os teñen os demais. Polo tanto, se desexas que outra persoa respecte os teus dereitos debes empezar por respectar os seus.
Algúns dos nosos dereitos básicos son:
Dereito a ser tratado con respectoDereito a ser escoitado e ser tomado en serioDereito a ter opinións e a expresalas. Tamén a mudar de opinión.
Dereito a preguntar por que e a pedir aclaraciónsDereito a pedir o que se quere tendo en conta que a outra persoa pode negarseDereito a dicir NON (rexeitar peticións) sen sentirse culpable ou egoístaDereito a actuar de forma distinta a como os demais desexarían que se fixese (pero sen esquecer as consecuencias que cada acto ten).
Dereito a tomar un tempo para pensar antes de actuarDereito a falar cando se ten un problema cunha persoa para aclaralo

Dereito a cometer erros pero admitir responsabilidade dos mesmos.Dereito a equivocarse algunha vez.Dereito a decir “non o sei”. É imposible sabelo todo, non precisamos ter resposta para todo para sentirnos ben.
Dereito a eloxiarse a si mesmo .
Dereito a elogiar pero tamén a recibir cumpridosDereito a expresar sentimentos: Ledicia, tristura, anoxo…Dereito a estar só cando así se decida.
Dereito a facer cousas mentres se respecten os dereitos dos demais.Diariamente, cando nos relacionamos cos demais, xorden situacións problemáticas porque algunhas persoas non respectan os dereitos dos outros.

AS HABILIDADES SOCIAIS SON AS MANEIRAS CORRECTAS DE COMPORTARNOS OU DE FALARLLE ÁS DEMAIS PERSOAS.

5/2/11

TAL VEZ...

Os nenos e nenas do 2º ciclo colocaron os seus mellores DESEXOS DE PAZ nun mural que está no seu corredor baixo o lema "TAL VEZ..."

2/2/11

INVESTIGA EN FAMILIA. DEREITOS E DEBERES

O traballo da nosa comunidade educativa segue a medrar, nesta ocasión ensinámosvos os traballos seleccionados co tema dos dereitos e deberes, que se traballaron no mes de decembro e que estiveron expostos no taboleiro central do cole.

1/2/11

INVESTIGA EN FAMILIA. CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA

Queremos agradecer unha vez máis a ilusión coa que participan as familias do noso alumnado. Coa satisfacción de que este proxecto está sendo asumido por toda a comunidade educativa, velaí vai unha pequena escolma de traballos realizados por eles.