Durante o mes de Febreiro imos traballar e fomentar as HABILIDADES SOCIAIS. Pero, que son as Habilidades Sociais?
Pois, son os modos e xeitos de comportamos cando nos relacionamos cos demais. Ter habilidades sociais significa relacionarnos coas persoas do noso contorno (amigos, pais, profesores, etc.) de forma que obteñamos os máximos beneficios e as mínimas consecuencias negativas.
Relacionarnos con outras persoas é necesario, pois non podemos vivir dentro dunha burbulla. Pero ademáis, moitas veces é un pracer: gozamos falando e compartindo momentos cos nosos amigos, irmáns, curmáns…, é decir, ao relacionarnos con outras persoas, pasámolo ben.
Algunhas destas habilidades son:
. Saber iniciar e manter unha conversa.. Escoitar aos outros e poñernos no seu lugar.. Saudar, facer cumpridos, dar as grazas, desculparnos, pedir favores,…. Saber dicir que non.
. Aprender a negociar, a chegar a acordos… e moitas outras máis.
Se temos boas habilidades sociais….
Estaremos máis contentos e seguros de nós mesmos.
Poderemos controlar mellor a nosa conduta.
Participaremos nas decisións que se tomen no grupo de amigos, na familia, no colexio, etc, polo que sentiremos que se nos ten en conta.
Para as persoas que non teñen habilidades sociais, relacionarse coas outras persoas pode resultar difícil, chegando a sentirse mal e incluso rexeitado polos demais.
Pero as Habilidades Sociais son condutas aprendidas, e polo tanto pódense mellorar!! É moi sinxelo, só hai que saber os pasos a seguir e poñelos en práctica. E canto máis se practique, máis doado será.
Cando nos relacionamos coas outras persoas é importante que coñezamos cales son os nosos DEREITOS. Pero non debemos esquecernos de que os mesmos dereitos que nós temos tamén os teñen os demais. Polo tanto, se desexas que outra persoa respecte os teus dereitos debes empezar por respectar os seus.
Algúns dos nosos dereitos básicos son:
Dereito a ser tratado con respecto Dereito a ser escoitado e ser tomado en serio Dereito a ter opinións e a expresalas. Tamén a mudar de opinión.
Dereito a preguntar por que e a pedir aclaracións Dereito a pedir o que se quere tendo en conta que a outra persoa pode negarse Dereito a dicir NON (rexeitar peticións) sen sentirse culpable ou egoísta Dereito a actuar de forma distinta a como os demais desexarían que se fixese (pero sen esquecer as consecuencias que cada acto ten).
Dereito a tomar un tempo para pensar antes de actuar Dereito a falar cando se ten un problema cunha persoa para aclaralo
Dereito a cometer erros pero admitir responsabilidade dos mesmos. Dereito a equivocarse algunha vez. Dereito a decir “non o sei”. É imposible sabelo todo, non precisamos ter resposta para todo para sentirnos ben.
Dereito a eloxiarse a si mesmo .
Dereito a elogiar pero tamén a recibir cumpridos Dereito a expresar sentimentos: Ledicia, tristura, anoxo… Dereito a estar só cando así se decida.
Dereito a facer cousas mentres se respecten os dereitos dos demais.Diariamente, cando nos relacionamos cos demais, xorden situacións problemáticas porque algunhas persoas non respectan os dereitos dos outros.
AS HABILIDADES SOCIAIS SON AS MANEIRAS CORRECTAS DE COMPORTARNOS OU DE FALARLLE ÁS DEMAIS PERSOAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario