Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas

15/3/11

CONCURSO " A IGUALDADE NO TRABALLO"

Como todos os anos o alumnado de 3º ciclo participou no V CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN " A IGUALDADE NO TRABALLO" convocado dentro das actividades programadas polo CIM (Centro de Información da Muller) do Concello de Bueu,
Presentáronse máis de 70 traballos e como resultado recibui unha mención especial o alumno de 6º B Martín Pérez Bacelar.
O venres 11 de marzo no salón de plenos do Concello de Bueu tivo lugar a entrega de premios nun acto ao que asistiu unha representación dos centros educativos do concello.
Cada ano un destes colexios é o encargado de elaborar un manifesto para exponer no evento commemorativo.
O vindeiro ano seremos NOS os encargados de levalo a cabo.



26/11/10

VIII CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo da conmemoración do día 25 de Novembro de 2010, Dia Internacional da Non Violencia contra a Muller, o Centro de Información de Mulleres do concello de Bueu convocou entre os centros de Primaria, ESO e Bacharelato o VIII Concurso de Carteis sobre "A violencia de Xénero"
O obxectivo principal deste concurso é acadar unha maior sensibilización social nos escolares na prevención e erradicación dos comportamentos violentos contra as mulleres.
Todos os anos o noso alumnado do 3º ciclo participa cos seus debuxos e lemas.
Este é o cartel "Mátame a bicos" que gañou o premio de Primaria. A súa autora é unha nena de 5ºA, Laura Pérez Nores.

Aquí vai unha selección dos mellores carteis presentados dende o noso cole.