8/12/10

A CONSTITUCIÓN PARA NENOS E NENAS


Preme na imaxe

PRESENTACIÓN SOBRE A CONSTITUCIÓN

A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

Un percorrido pola historia da Constitución e as leis.

Preme na imaxe

DÍA DE LA CONSTITUCIÓN

Con este material, a Xunta de Castela e León nos fala da orixe da Constitución, dos dereitos que se recollen nela e da división en comunidades autónomas.


LA ASAMBLEA DE LOS NIÑOS

Esta é unha iniciativa da Asamblea de Madrid que dun xeito lúdico nos propón un sistema participativo, da Constitución e do Estado das Autonomías. Moitos aspectos están centrados na Comunidade de Madrid pero hai outros comúns a todas as autonomías


5/12/10

10 DE DECEMBRO DEREITOS HUMANOS

3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE

Todas as persoas somos diferentes pero iso non nos fai ser mellores. Hai persoas que teñen dificultades para andar, oír ou ver.
Todos temos os mesmos dereitos e oportunidades, sexan cales sexan as nosas diferencias. Facilitemos a convivencia entre todos!


4/12/10

DEREITOS E DEBERES DOS NENOS E NENAS

Aprende cales son os teus deberes e dereitos con Mafalda.

NACEMOS LIBRES, NACEMOS IGUAIS, TEMOS DEREITOS UNIVERSAIS

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos supuxo un paso de xigante cando se aprobou en 1948. Nun mundo que aínda se recuperaba das feridas da Segunda Guerra Mundial, a Declaración viña demostrar que todas as nacións do mundo estaban dispostas a facer un esforzo por entenderse, por buscar o ben de todos os cidadáns e, sobre todo, por evitar que barbaries como a guerra volveran repetirse.
Os máis pequenos da casa deben medrar con valores como a tolerancia, o respecto, a amiszade ou a solidariedade como guías. E iso é xusto o que proclama a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Imos cantar cos Lunnis para coñecer mellor os nosos dereitos.


3/12/10

NENOS DA RÚA

Segundo as estimacións realizadas por UNICEF, o número de nenos e nenas que viven na rúa sin atención familiar e sen protección dalgún adulto, supera os 100 millóns en todo o mundo.

Son nenos abandonados, orfos e expulsados dos seus fogares ou que escollen esta forma de vida a causa dos maltratos, neglixencia ou imposibilidade familiar de cubrir as súas necesidades básicas. As guerras e os desastres naturais incrementan o seu número, facendo deles víctimas para as redes de explotación laboral ou sexual.

Hai nenos e nenas da rúa en moitas das grandes cidades do mundo, especialmente en países en vías de desenvolvemento, pero son tamén visibles en grandes zonas do occidente desenvolvido como EEUU, onde se calcula que hai perto dun millón de nenos e nenas abandonados. Na India son perto de 18 millóns, en América Latina uns 40 millóns,

O Instituto de Estudios e Formación da Cruz Vermella detectou hai tempo a existencia de nenos da rúa en España, froito da desestructuración familiar e a pobreza extrema; son nenos que se asocian a pandillas ou grupos que utilizan espacios abandonados ou subterráneos das cidades, e que malviven exercendo a prostitución ocasional e a pillaxe.


Café dulce, café amargo on PhotoPeach

26/11/10

GUÍA DE LECTURAS

Dende o equipo de biblioteca colaboramos con este proxecto aportando esta GUÍA DE LECTURAS con libros que fan referencia ao tema da igualdade de xénero. Preme na imaxe para ver a Guía completa

VIII CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo da conmemoración do día 25 de Novembro de 2010, Dia Internacional da Non Violencia contra a Muller, o Centro de Información de Mulleres do concello de Bueu convocou entre os centros de Primaria, ESO e Bacharelato o VIII Concurso de Carteis sobre "A violencia de Xénero"
O obxectivo principal deste concurso é acadar unha maior sensibilización social nos escolares na prevención e erradicación dos comportamentos violentos contra as mulleres.
Todos os anos o noso alumnado do 3º ciclo participa cos seus debuxos e lemas.
Este é o cartel "Mátame a bicos" que gañou o premio de Primaria. A súa autora é unha nena de 5ºA, Laura Pérez Nores.

Aquí vai unha selección dos mellores carteis presentados dende o noso cole.

ACTIVIDADES PARA A CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA

Todo o profesorado do centro nos sentimos moi implicados na formación do noso alumnado e queremos que aprendan a relacionarse desde o respecto, que se comprometan co coidado das súas vidas e das persoas coas que conviven; que se preparen para afrontar o seu futuro, libres de estereotipos sexistas.
Por esta razón preparamos unha serie de actividades para realizar por ciclos nas aulas ou na biblioteca durante as últimas semanas de novembro. Preme enriba de cada ciclo para acceder a elas.



Estes son os dous videos que aparecen nas actividades e que tratan o tema da igualdade entre homes e mulleres.



Con esta presentación aprenderemos e reflexionaremos sobre a celebración do Día da Non Violencia contra as Mulleres.



21/11/10

RECURSOS DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Recompilación de recursos para traballar os dereitos dos nenos e nenas que nos chega desde o Ceip Victor Sáenz da Coruña.

a.

20/11/10

DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Andaluna e Samir cántannos esta canción sobre a igualdade dos nenos e nenas

NOVEMBRO MES DA CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA

A violencia en cualquera das súas manifestacións, entre iguais e sobre todo a de xénero, é a violación máis flagrante dos dereitos humanos por iso debemos prevenila, evitala e erradicala
Na educación non só ten importancia a adquisición de coñecementos senón que abrangue unha faceta social indudable. Educar é ensinar respeto, tolerancia, xusticia, tolerancia...

Con este díptico elaborado polo equipo de Orientación do noso cole pretendemos achegar as familias do noso alumnado unha información que consideramos imprescindible na súa formación. Preme na imaxe.

MEDRANDO EN VALORES

Arranca aquí o noso novo proxecto para este curso 2010/2011 baixo o lema MEDRANDO EN VALORES.
Neste cartel podedes ver os temas que imos traballar cada mes,



Convidamos a toda a comunidade educativa a participar nesta nova aventura cunha carta de presentación que facemos chegar aos pais e nais do noso alumnado.