3/12/10

NENOS DA RÚA

Segundo as estimacións realizadas por UNICEF, o número de nenos e nenas que viven na rúa sin atención familiar e sen protección dalgún adulto, supera os 100 millóns en todo o mundo.

Son nenos abandonados, orfos e expulsados dos seus fogares ou que escollen esta forma de vida a causa dos maltratos, neglixencia ou imposibilidade familiar de cubrir as súas necesidades básicas. As guerras e os desastres naturais incrementan o seu número, facendo deles víctimas para as redes de explotación laboral ou sexual.

Hai nenos e nenas da rúa en moitas das grandes cidades do mundo, especialmente en países en vías de desenvolvemento, pero son tamén visibles en grandes zonas do occidente desenvolvido como EEUU, onde se calcula que hai perto dun millón de nenos e nenas abandonados. Na India son perto de 18 millóns, en América Latina uns 40 millóns,

O Instituto de Estudios e Formación da Cruz Vermella detectou hai tempo a existencia de nenos da rúa en España, froito da desestructuración familiar e a pobreza extrema; son nenos que se asocian a pandillas ou grupos que utilizan espacios abandonados ou subterráneos das cidades, e que malviven exercendo a prostitución ocasional e a pillaxe.


Café dulce, café amargo on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario