4/12/10

NACEMOS LIBRES, NACEMOS IGUAIS, TEMOS DEREITOS UNIVERSAIS

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos supuxo un paso de xigante cando se aprobou en 1948. Nun mundo que aínda se recuperaba das feridas da Segunda Guerra Mundial, a Declaración viña demostrar que todas as nacións do mundo estaban dispostas a facer un esforzo por entenderse, por buscar o ben de todos os cidadáns e, sobre todo, por evitar que barbaries como a guerra volveran repetirse.
Os máis pequenos da casa deben medrar con valores como a tolerancia, o respecto, a amiszade ou a solidariedade como guías. E iso é xusto o que proclama a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Imos cantar cos Lunnis para coñecer mellor os nosos dereitos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario