20/2/11

NIN RATOS NIN MONSTROS

Cando aprendemos habilidades sociais, unha das cousas máis importantes é coñecer a diferencia entre varios tipos de comportamentos:
comportamento pasivo (de RATO)
comportamento agresivo (de MONSTRO)
• e un tipo especial de comportamiento que chamamos conduta asertiva (SER EU MESMO)

O comportamento pasivo é o dos nenos que non expresan como son eles mesmos, deixan que os demais nenos lles manden, lles digan o que teñen que facer e non defenden os seus dereitos. As súas necesidades, opinións ou sentimentos son ignorados e pode que os outros nenos se aproveiten del. Compórtanse como ratos.

O comportamento agresivo é o dos nenos mandóns, que meten medo aos demais, critican aos outros e os humíllan. Só se preocupan por conseguir o que eles queren cando queren. Rara vez se preocupan polos sentimentos dos demais e con frecuencia métense en liortas ou pelexas. Tenden a aproveitarse inxustamente dos demais e, pola súa forma de ser, teñen poucos amigos de verdade. Estes nenos compórtante como monstros.
Tanto o comportamento social pasivo como o agresivo non son a mellor forma de relacionarse cos demais. Estes dous comportamientos conducen, ben a resultar ferido (ratos), ben a ferir aos demais (monstros).
A conduta asertiva é comportarse tal como un é realmente, nin como un rato nin como un monstro.
Ser asertivo significa:
- Deixar que os demais saiban o que sintes e o que pensas de una forma que non lles ofendas, pero que ao mesmo tempo che permita expresarte.
- Tamén significa defender os teus propios dereitos e respectar ao mesmo tempo os dereitos dos demais. Unha persoa que é ela mesma sabe:
- Recoñecer e respectar os sentimentos, opinións e desexos dos demais de forma que non te impoñas e sen permitir que os demais se aproveiten de ti.
- Unha persoa asertiva sabe falar a modo, mirando aos ollos dos demais, sabe escoitar e procura comprender o que lle din e non só iso, senón tamén -e o máis importante-, procura comprender como se senten as outras persoas e saber se están contentas e tranquilas ou preocupadas e tristes, para así poder axudalas se a outra persoa llo pide.
O IDEAL SERÍA QUE TODOS NÓS ACTUÁSEMOS DE FORMA ASERTIVA, EN LUGAR DE ACTUAR COMO RATOS OU MONSTROS, XA QUE ENTÓN SOLUCIONARÍAMOS OS CONFLITOS QUE XURDAN SEN PELEXAR, TERÍAMOS MOITOS AMIGOS E SENTIRÍAMOS MÁIS CONTENTOS CON NÓS MESMOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario