15/3/11

MULLERES POLICIAS

O día 11 de marzo co gallo da commemoración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER visitounos unha representante do CIM xunto con dúas policias, unha nacional e outra local.
Comenzaron a charla expoñendo a súa traxectoria persoal, as dificultades pue atoparon polo feito de ser mulleres e como chegaron a formar parte do Corpo de Policía.

A continuación fixeron unha exposición polo miudo das súas ferramentas de traballo (esposas, porra, luvas anticortes...) e do seu uniforme.
Despois explicaron os casos máis típicos que se atopaban no seu traballo, diferenciando entre violencia de xénero e violencia doméstica.

Logo dunha longa batería de preguntas por parte dos os nenos e nenas do terceiro ciclo, a representante do CIM concluiu dicindo que o máis importante é que as mulleres teñan a súa independencia e para iso a formación é indispensable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario